O 1 de agosto reactívase a Zona Azul de Tui

A partir de mañá, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. O estacionamento gratuíto limitado no tempo a hora e media aplícase nestes viarios de 10 h a 14 h e de 16 h a 21 h agás domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

Medio centenar de persoas benefícianse dos cursos organizados polo Concello de Tomiño

Máis de 50 persoas aproveitaron os cursos de preparación dos exames de ESO, ciclos medios, superiores e de competencias clave, organizados polo Concello de Tomiño, co fin de achegar formación a aquelas persoas que interromperon os seus estudos secundarios ou primarios por diferentes causas. Repartidas case por igual con respecto ao xénero, o 60% das persoas que se apuntaron a clases o curso pasado, tiñan entre 25 e 45 anos; habendo un 20% de menores de 25 e outro tanto de maiores de 45.

A Guarda prepárase para a semana grande das Festas do Monte 2019

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as «Festas do Monte 2019», celebración catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia, unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre. A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de Hockey e as Carreiras Pedestres.

A Praza do Seixo de Tomiño acolle o «XXVI Encontro dos Pobos»

A Praza do Seixo de Tomiño, acolle este venres 26 de xullo, dentro do ciclo «O Son da Praza», a 26ª edición do Encontro dos Pobos, organizado polo Grupo de Baile e Gaitas «Do Lusco ó Fusco», coa colaboración do Concello. O festival é para todos os públicos e comezará ás 22:30 horas, con entrada libre. Nesta edición participarán agrupacións de Austria e Polonia, ademais dos grupos Virxe do Alivio, de Tomiño e Do Lusco ó Fusco, da Guarda.

O Rosal reclama, na rúa, unha sanidade pública, digna e de calidade

“Reivindicamos e defendemos o dereito de toda a veciñanza do Rosal a unha sanidade pública, digna e de calidade”, dixo a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, ante os centos de veciños que encheron a Praza do Calvario respondendo ao chamamento ralizado dende o Concello para reivindicar unha sanidade pública e de calidade.

Suscribirse a este canal RSS