A Guarda

A Guarda prepárase para a semana grande das Festas do Monte 2019

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as «Festas do Monte 2019», celebración catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia, unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre. A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de Hockey e as Carreiras Pedestres.

A Guarda contratará a catro persoas desempregadas dentro do programa «O teu primeiro emprego»

O Concello da Guarda o abeiro do programa de fomento da empregabilidade «O teu primeiro emprego» da Deputación de Pontevedra, ten concedida unha axuda para a contratación de 4 persoas en situación de desemprego. As e os solicitantes deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emmprego ou co cartón de mellora de emprego co código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego provincial ou Baixo Miño.

A Guarda da a coñecer o seu patrimonio urbano con visitas guiadas

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro. As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00 h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende alí, o grupo sae para coñecer o patrimonio guardés en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a visita singular no casco histórico Prazas antigas e novas e os xoves a visita singular da época moderna Castelo de Santa Cruz.

A Festa do Peixe Espada da Guarda aposta pola inclusión

Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Guarda con motivo da XVI Festa do Peixe Espada, evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello guardés.

A Guarda retira da costa 75 sacos de plásticos

O pasado domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais «O Buxeiro» organizou unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. Esta actividade, que contou coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizouse por diferentes puntos da costa da Guarda, O Rosal e Oia, participando máis dunha trintena de persoas.

Suscribirse a este canal RSS