Logo
Imprimir esta página

A Guarda entrega os Premios de Educación 2018

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Educación, Elena Baz, cos premiados e premiadas O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Educación, Elena Baz, cos premiados e premiadas

O martes día 17 de xullo de 2018 o Salón de Plenos da Guarda acolleu a entrega dos Premios de Educación 2018, no que se tiveron en conta os mellores expedientes académicos dos centros públicos de primaria e secundaria do municipio: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo e IES A Sangriña. Estes premios convócanse co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre a mocidade.

Establecéronse un máximo de 20 premios consistentes en material informático: 12 premios dirixidos ó alumnado do IES A Sangriña e 8 premios dirixidos ó alumnado de 6º de Primaria dos colexios CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde e CEIP As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo. Houbo algún caso de empate técnico polo que se entregaron 2 premios na mesma categoría.

No acto de entrega interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Educación, Elena Baz, destacando o "enorme esforzo e traballo destes magníficos estudantes con notas máis que salientables", asistindo unha boa representación do profesorado e familiares dos premiados/as. Para entrega destes premios a Comisión avaliadora comprobou a documentación presentada por cada un dos centros en base a cal se elaborou o listado de alumnos premiados de cada centro participante.

IES A Sangriña
2º BACH: Nestor Lomba Lomba, Óscar Riveiro Alonso, Elsa Vázquez Rodríguez e Marco Patiño López.
4º ESO: Amaya Vicente Pérez, Lucía de Lorenzo Serrano e Nayara Diego Rodríguez.
CS Administración e Finanzas: Noelia González Fernández.

CEIP A Sangriña
6º Primaria: Teresa de Lorenzo Serrano, Andrea Portela Ruiz, Mara Alonso Fernández e Manuel Moreira Rodríguez.

Solanas
6º Primaria: Leah González Carabelos e Aroa Lomba Rodríguez.

Sinde
6º Primaria: Paula Álvarez Garcés, Natalia Rodríguez Freitas e Daniel Rodríguez Lomba.

Carmelitas
6º Primaria: Paula Cividanes Berrecoso e Inés Alonso López.
4º Primaria: Carlota Cividanez Berrecoso

Somascos
6º Primaria: Irene Vicente Cividanes e Hugo Álvarez González.
4º Primaria: Iria Sanz Berridy

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados