Gastronomía e Arte, da man na Guarda nunha nova edición de «Petiscos con Arte»

O Concello da Guarda organiza, a través da Concellería de Turismo, unha nova edición da Ruta «Petiscos con Arte», un evento que conxuga a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos. A Ruta “Petiscos con Arte” terá lugar as dúas fins de semana da segunda quincena de novembro, os días 16, 17, 23 e 24 en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h.

Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertarán un petisco ao prezo de 1,50 €, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, montaditos, tostas e sushi, entre outros.

A finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, polo que as persoas participantes poderán degustar os bocados mentres contemplan as obras de pintura, escultura e fotografía expostas nos establecementos, contando con ilustracións, pinturas, fotografías e esculturas. Nesta ruta colabora a Adega Gran Novas, que cederá 5 lotes de viño albariño para sortear entre os participantes na ruta que degusten o petisco e cumprimenten o boleto do sorteo.

Art Café: Fabada guardesa / Ilustración: Ilustracións, serigrafía e pintura. Davida (Vigo)

Boc and Pix: Capricho limeño / Ilustración: Somnium Pictura. Sarai Rodríguez Fernández (Tomiño)

La Botica: Bandeiriñas españolas / Pintura: Bodegóns postmodernos.Gemma Marqués (A Guarda)

Brétema: Salinas / Pintura: Meu Pobo. Cachi (A Guarda)

O Cangrexal: Cielito lindo / Pintura: Cores do bosque. Teresa Dorado (Oia)

Enxebre: Tiriñas de polo / Fotografía: Colección xentes do mar. Eliseo Alonso (Tomiño)

A máis bonita: Makis / Ilustración: Maki-sashie. Tamara Baz (A Guarda)

Marbella: Potaxe de garavanzos / Pintura: Rincóns de Galicia e Portugal. Nely R. Sánchez (A Guarda)

El perro verde: Pincho perruno / Pintura: Aves no fin da terra. José Arcas (Vigo)

Terra Verde: A orella de Van Gogh / Escultura e pintura: Miscelánea. Modesto Rodríguez (Nigrán)

Xantar: Delicias de outono / Fotografía: Cambia de perspectiva. Pablo Lubiáns (Pontevedra)

Xeito: Papillote de solombo celta / Pintura: Recunchos da Guarda. Charo Trigo (A Guarda)

Para premiar a fidelidade dos participantes haberá un sorteo de diferentes agasallos entre as papeletas entregadas nas urnas, que estarán en cada establecemento. Cada participante que deguste un petisco recibirá unha papeleta que cumprimentará cos seus datos persoais e depositará na urna para entrar no sorteo. Haberá un pequeno acto de entrega aos premiados no sorteo (un premio por persoa).