O Centro Social Fuscalho organiza a 'III Homenagem pola Memória' na Guarda

Hai tres anos, no 2016, o Centro Social Fuscalho comezaba unha iniciativa que, baixo o título 'Homenagem pola Memória', buscaba visibilizar a todas as vítimas da dictadura franquista. Nesta terceira edición, búscase poñer "no centro da memoria" a todas as mulleres invisibilizadas que, sinala fuscalho, "pasaron á historia na maioría dos casos como 'mulleres de' e non como Mulleres en maiúsculas, que sofraron a barbarie franquista en todo o seu abano de humillacións e represións".

En concreto, Fuscalho escolleu a catro mulleres que representan moi ben o que significou a chegada do franquismo á Guarda e a toda Galicia: Concha, Maria das Auroras, Manuela Baz e Josefa Garcia Segret. As catro gardan unha historia común que Fuscalho quixo utilizar como fío condutor desta homenaxe. 

No blogue 'Non des a esquecemento' dise textualmente: "...María das Auroras foi detida, rapada, obrigada a beber aceite de ricino e exposta a escarnio na Praza do Reló de A Guarda. Mais aqueles emisarios do terror que a humillaron e que queimaron os seus libros na praza non conseguiron facela claudicar. Non renunciou nunca ás súas ideas e seguiu exercendo o ben naquel tempo gobernado por miserábeis vestidos de casaca e de sotana.

Por iso cando saiu do cárcere de Saturrarán Josefa García Segret, a viuva do mestre Hipólito Gallego, encontrou na Guarda “dúas mulleres dispostas sempre ao ben”, María das Auroras e Manuela Baz, que “ me abristes as portas da vosa casa para que tivera onde refuxiarme”.

A cita será as 12 horas do vindeiro 29 de decembro, na Praza do Reló da Guarca coa intervención de Marisa Guerra, Francisco Álvarez Koki, Moncho Leal e contarase tamén cunha actuación musical.