A Guarda conta cunha nova zona de estacionamento gratuíto con horario limitado

A Policía Local da Guarda informa que dende o luns día 17 de xuño está aberta unha nova zona de aparcamento disuasorio na rúa Brasilino Álvarez, que permitirá incrementar a mobilidade das persoas no casco urbano da vila.

Este novo espazo, cunha capacidade aproximada de 25 turismos e rexerase polo sistema de estacionamento gratuíto con horario limitado Zona Azul.

Así pois, usuarias e usuarios terán hora e media para poder aparcar os seus vehículos neste espazo, que conta ademais con dúas prazas para persoas de mobilidade reducida. Este aparcamento súmase as zonas postas en marcha recentemente para mellorar a mobilidade no casco urbano da vila, dentro da estratexia da Campaña de Mobilidade municipal 'A Guarda, todo moi Preto'.

nova zona estacionamento aguarda01

A Policía Local informa ademais que se incrementará o control sobre as zonas de estacionamento gratuíto con horario limitado Zona Azul. Os reloxos da zona azul se poden atopar gratuitamente nos establecementos comerciais da vila e nas oficinas da Policía Local.