A Guarda contratará a catro persoas desempregadas dentro do programa «O teu primeiro emprego»

O Concello da Guarda o abeiro do programa de fomento da empregabilidade «O teu primeiro emprego» da Deputación de Pontevedra, ten concedida unha axuda para a contratación de 4 persoas en situación de desemprego. As e os solicitantes deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emmprego ou co cartón de mellora de emprego co código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego provincial ou Baixo Miño.

Os postos ofertados son unha persoa con Licenciatura / Grao en Historia / Grao en Xeografía e Historia. O tipo de contrato será en prácticas a tempo completo, cunha dureción de 6 meses prorrogables e o código CNO é o 28221023 00

Grao en Arquitectura. Contrato en prácticas a tempo completo de 6 meses prorrogables do código CNO 2.4511016 00.

Licenciatura / Grao en ciencias da Actividade Física e do Deporte. Contrato en rpácticas a tempo completo de 6 meses prorrogables. 37231077 00.

Diplomatura en Xestión e Administración Pública / Grao en Dirección e Xestión Pública. Contrato en prácticas a tempo completo de 6 meses de duración prorrogables. 28221032 00.

Este plan ten por finalidade facilitarlles ás persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional o acceso, dentro da provincia, a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados para adquirir experiencia profesional e facilitarlles a súa futura inserción no mercado laboral.

Amais da antedita inscrición no Servizo Público de Emprego, as persoas solicitantes deberán estar en posesión da titulación do posto de traballo a desenvolver e non teñen que ter transcorridos máis de 5 anos dende a finalización dos seus estudos. Así mesmo é requisito imprescindible que non estiveran contratadas en prácticas pola mesma ou distinta persoa física ou xurídica por tempo superior a un ano.