O Rosal e Caminha inician contactos para colaborar en programas lúdicos, culturais e deportivos

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís e a concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, co presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís e a concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, co presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, acompañada pola concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, mantiveron no día de hoxe unha reunión en Caminha co presidente da Câmara Municipal Miguel Alves, de cara a comezar "a tender pontes" entre ámbolos dous municipios de cara a conseguir traballar, de xeito colaborativo, no ámbito da programación lúdica, cultural e deportiva. 

"Para nós é moi importante que o río Miño deixe de ser unha barreira e se converta nun espazo transfronteirizo cheo de oportunidades", sinalou a rexedora local do Rosal, polo que considera "fundamental" comezar a traballar conxuntamente "entre ambas marxes do noso río propiciando un entorno que favoreza unha maior dinamización dos nosos pobos".

Ánxela Fernandez adiantou que, nas vindeiras datas, o equipo de goberno de Caminha, co presidente da Câmara ao fronte, visitará O Rosal de cara a comezar a traballar conxuntamente.

AnxelaFernandezCallis SaraVicenteSalcidos MiguelAlves 02