Logo
Imprimir esta página

O Rosal continúa coas reunións de #AVeciñanzaConta co club Acanor Atlético Novás de Balonmán

Dentro do programa #AVeciñanzaConta, o Goberno local do Rosal celebrou onte unha unha reunión coa directiva do club Acanor Atlético Novás de balonmán, unha xuntanza na que se falou sobre o futuro e a planificación dos orzamentos do vindeiro ano.

O Acanor Atl. Novás é un equipo cunha ampla traxectoria e vinculación co Rosal. A aposta do club coa canteira de rapaces e rapazas de idades moi novas é fundamental. Decenas de nenos e nenas do Rosal e concellos limítrofes xogan nas escolas deportivas e nos equipos base, con idades que abarcan dende os 4-5 anos ata os equipos de adultos que xogan en categoría de división honra de prata nacional.

Para o goberno que preside Ánxela Fernández Callís, "escoitar, colaborar e traballar son pezas claves para coñecer de primeira man o traballo que fan as asociacións do noso pobo".

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados