Oia

Estúdase a creación dunha réplica do petroglifo de Auga dos Cebros de Oia

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, a Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común de Pedornes e a Asociación Costa dos Castros manteñen contactos con vistas a desenvolver unha nova actuación en Auga dos Cebros, neste caso para poder elaborar unha réplica deste singular petróglifo do concello de Oia. 

Boa acollida en Oia do servizo de comunicación de incidencias polo móbil

A plataforma Línea Verde está a ter unha boa acollida por parte da veciñanza de Oia, que desde finais do pasado ano pode empregar este servizo para comunicar incidencias ao Concello directamente a través do móbil. Segundo os datos recompilados polo propio servizo Línea Verde, as incidencias que máis se teñen comunicado son as relativas a alumeado, seguidas das de beirarrúas e calzadas, as relacionadas coa vespa velutina (avespa asiática) e cos animais abandonados.

Nova rolda de entrevistas para a segunda parte do documental 'Memorias de Oia'

O Concello de Oia comeza unha nova rolda de entrevistas a persoas maiores de municipio para elaborar a segunda parte do documental 'Memorias de Oia', unha recompilación de vivencias e experiencias sobre a historia recente do municipio contadas pola propia veciñanza. A iniciativa consiste en localizar e entrevistar a veciños e veciñas maiores para gravalos en vídeo e así reunir as súas testemuñas orais sobre como era a vida nos seus tempos mozos: os traballos e oficios, as dificultades do día a día, as festas, costumes e tradicións, así como anécdotas e outros datos de interese.

En Marea inicia accións para protexer o Camiño

En Marea iniciou hoxe as conversas coas mareas dos concellos por onde pasa o Camiño de Santiago, e que están a sufrir diversos problemas de insalubridade, desprotección, agresións e abandono do patrimonio e do ambiente. O obxectivo destes encontros é o de formular iniciativas e accións para poñer fin a unha problemática que está a ignorar o goberno de Núñez Feijóo.

Oia achega a súa actividade á cidadanía cun servizo de mensaxería instantánea

O Concello de Oia vén de dotarse da aplicación Tokapp, un servizo de mensaxería instantánea a través de smartphone ou tablet que garante a axilidade e a seguridade á hora de comunicar a súa actividade á cidadanía. Tokapp permite que calquera cidadán poda seguir as novidades do Concello a través dos grupos de subscrición que, segundo os diversos temas, o Concello vai abrindo. As persoas usuarias poderán subscribirse ás listas creadas (cultura, deportes, emprego-formación e subvencións) a fin de recibir a información que lle resulte de interese.

Suscribirse a este canal RSS