Oia organiza un concurso de debuxo infantil sobre os Reis Magos
O Concello de Oia vén de anunciar a convocatoria dun concurso de debuxo infantil para que os máis pequenos poidan expresar cal é a súa visión sobre os Reis Magos. O traballo gañador ilustrará o cartel da Cabalgata de Reis deste vindeiro Nadal.