Oia

Oia estreará Centro de Saúde o luns 21 de marzo

O luns día 21 de marzo, entrará en funcionamento o novo centro de saúde que o Servizo Galego de Saúde ven de contruír no Concello de Oia. Neste novo edificio sanitario, cofinanciado con fondos FEDER, a administración galega realizou un investimento de máis dun millón de euros euros e, segundo sinala a Consellería de Sanidade, enmárcase na Estratexia do Sergas de modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

Aberta a inscrición para o trail 'II DesafíOia-Marqués de Vizhoja'

O Club Cornelios xa está a poñer a punto os carreiros dos montes de Oia para todos os corredores que acepten o desafío da tempada: o II DesafíoOia-Marqués de Vizhoja. O reto non é nada doado xa que consiste nun percorrido de 24 km e máis de 1.400 m de desnivel acumulado superando, nalgunhas zonas o 45% de desnivel. A dureza, non obstante, se verá recompensada grazas á beleza das paraxes polos que transcorrerá.

Suscribirse a este canal RSS