A memoria social e persoal no «IES Antón Alonso Ríos» de Tomiño

O «IES Antón Alonso Ríos» de Tomiño, continúa desenvolvendo actividades encadradas na súa participación no Proxecto Erasmus Mémoire(s) sobre o patrimonio cultural e a memoria histórica dos seis países europeos que conforman esta iniciativa ─Alemania, España, Francia, Grecia, Italia y Portugal─ na que, por terceiro ano consecutivo, participa o instituto tomiñés.

Este luns 14 de maio, ás 16:30 horas e na Casa da Cultura de Tomiño, a compañia Avealiña Teatro representará a obra A Lola. A Lola, simbiliza a todas aquelas mulleres que sobreviviron aos seus seres queridos tras o golpe militar do 36. A trama centrase na influencia que o golpe franquista tivo na conducta de varias xeracións, confrontando dúas formas de entender a sociedade, os valores da tradición patriarcal, fronte ao proxecto de progreso e liberdade. A representación terá como público maioritario ao alumnado do IES.

memoires neno loboOutra actividade do Proxecto Erasmus Mémoire(s), para este mesmo luns, será a charla-coloquio que, sobre a súa experiencia vital, dirixirá Marcos Rodríguez Pantoja , o coñecido como «o neno lobo». Marcos é un dos poucos casos documentados de nenos salvaxes españois, ao ser criado entre lobos dos seis aos 17 anos. Esta charla terá lugar no renovado Salón de Actos do propio Instituto Antón Alonso Ríos.