O Concello de Tomiño pon en valor o seu patrimonio cultural

Vista parcial da Aula Museo Antonio Fernández Vista parcial da Aula Museo Antonio Fernández

A Aula Museo Antonio Fernández volveu abrir as súas portas esta no día de onte dando comezo ás visitas guiadas. A Aula estará aberta os venres de 10 h a 14 h e de 17 h a 21 h e os sábados de 10 h a 14 h. A visita poderá ser guiada ou por libre, sendo responsables das mesmas unha técnica de historia de arte que informará aos visitantes sobre a vida e obra do pintor goianés Antonio Fernández.

O período estival, ademais, trae consigo visitas aos petroglifos do Monte Tetón e a Fortaleza de San Lourenzo de Goián, unhas actividades teñen como obxectivo poñer en valor o patrimonio histórico e dar a coñecer a riqueza histórica do Concello tanto aos visitantes de fora como aos veciños e veciñas.

A actividade ao Monte Tetón consistirán na visita guiada aos petrogrifos e ás mámoas nun percorrido que correrá da man do arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos, Xose Lois Vilar, quen achegará aos participantes á prehistoria do municipio. As visitas serán os venres 17 de xullo e 7 de agosto. É imprescindible inscribirse no teléfono 986 360 575 no horario de 18:30 h a 21:30 h.

A fortaleza de San Lourenzo de Goián tamén se visitará o día 21 de agosto e o percorrido estará a cargo de Hugo Lages. Ademais, o Punto Fortaleza funcionará como oficina de información e posta en valor da Fortaleza de San Lourenzo. Para inscribirse no Concello de Tomiño, teléfono 986 622 001.

Todas as actividades son gratuítas, aínda que por motivos obvios de organización, requiren de inscrición, agás as visitas a Aula Museo Antonio Fernández que se cinguirá ao horario de apertura do mesmo.

A Alcaldesa de Tomiño destaca a importancia de “promocionar o noso patrimonio e difundilo non só entre os que nos visitan no verán, senón tamén entre os veciños e veciñas que teñen con estas visitas guiadas unha oportunidade para coñecer o noso entorno”