Río Tollo, 1,5 millóns de esquejes dun dos seus produtos estrela, a camelia

Unha media de 30.000 unidades de camelia ao día durante case tres meses, ao redor de 1,5 millóns só nesta tempada. Son as cifras que manexa Viveiros Río Tollo, que cada ano perfecciona as técnicas de poda, selección e multiplicación para converterse nun dos maiores produtores desta planta de Europa. Desde que empezaron a súa actividade no ano 2000, traballadoras e traballadores foron gañando experiencia para unha tarefa que se realiza integramente de forma manual.

O traballo realizaco coida cada paso para conseguir o mellor produto, desde a procura de “unhas especificacións moi precisas en cada rama que se corta” ata a selección e preparación para o plantado.

Desde os seus inicios hai case 20 anos ata agora, Río Tollo pasou de ir de xardín en xardín buscando as mellores camelias para facer as súas esquejes a ter a súa propia selección de plantas nai. Ao longo destes anos foi desenvolvendo unha colección propia seleccionada con máis de 200 variedades de camelia, entre as que se inclúen 4 variedades novas obtidas nos nosos campos de ensaio. Uns anos de experiencia e mellora na produción propia de camelia liderados por María Soledad Rodríguez, responsable do desenvolvemento dunha das plantas estrela de Río Tollo.

rio tollo camelias 2

Empezarán a chegar ao mercado en 2021
Desde mediados de xuño a setembro, Río Tollo convértese nun fervedoiro de traballadores e traballadoras preparando as futuras plantas de camelia. Tras seleccionar e cortar os brotes de primavera e verán das súas plantas nai, as futuras camelias levan a unhas instalacións tecnificadas con control climático e rega automática.

Trátase dun traballo a longo prazo: desde que se poda ata que se empeza a vender pasan un mínimo de 3 anos. Así, as plantas que se están podando esta tempada non empezarán a saír ao mercado ata 2021 no seu litraje pequeno.

rio tollo camelias 1

Unha tarefa fundamental que se repite cada tempada e que xera “unha cadea que non se pode romper” para ter cada ano novas camelias, unha das poucas plantas ornamentais capaces de burlar o frío e de encher os xardíns de cores en pleno inverno.

Como produtor, Viveiros Río Tollo multiplica as distintas variedades de camelia coas que traballa, descartando algunhas e experimentando con outras novas, buscando destacar propiedades como o cheiro, a resistencia, a forza, a cor... da planta. En definitiva, investigando sempre en prol da novidade, a orixinalidade, a diferenciación e o perfeccionamento.

É esa procura da excelencia e a aposta pola innovación a que leva a este produtor para planificar distintas cantidades de multiplicación dependendo da variedade de camelia da que se trate. E é que Viveiros Río Tollo despunta precisamente polo seu esforzo constante e o seu forte investimento en I+D+i, que se completa coa súa colaboración con centros tecnolóxicos, científicos e empresas dos cinco continentes así como con viaxes por todo o mundo para coñecer novas técnicas e novos produtos.