O Concello de Tomiño organiza a primeira visita guiada ao Monte Tetón

Os participantes na visita guiada ao Monte Tetón, seguiro con interese as explicacións ofrecidas polo arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos,  Xosé Lois Vilar Os participantes na visita guiada ao Monte Tetón, seguiro con interese as explicacións ofrecidas polo arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos, Xosé Lois Vilar

O Concello de Tomiño vén de dar comezo, como ven sendo habitual ao chegar o período estival, a unha serie de visitas guiadas que permitan coñecer mellor o municipio dende a súa historia, cultura e patrimonio natural. Este pasado venres, desenvolveu a primeira visita guiada aos petróglifos do Monte Tetón, unha actividade correu a cargo do arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) Xosé Lois Vilar.

A visita realizada este venres centrouse no Val de Tebra dende onde Xosé Lois Vilar explicou o uso do espazo ao longo dos séculos. A continuación, desprazáronse aos petróglifos de Real Seco e logo ao de Portaxes, onde a historia do período prehistórico foi ampliando póndose en valor as pegadas que del conservamos.

Máis de medio centenar, puideron desfrutar das explicacións do guía experto en escavacións arqueolóxicas e que ten publicado valiosos traballos científicos sobre as comunidades prehistóricas e os xacementos arqueolóxicos.

monte teton02

A afluencia ao ecoparque do Monte Tetón nos últimos anos ten sido numerosa e ten obrigado ao Concello de Tomiño a acotar os grupos de visitantes nas xeiras nocturnas co fin de protexer a conservación dos petróglifos.

monte teton03

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quixo destacar a labor “desinteresada e a dedicación do equipo do Instituto de Estudios Miñoranos que invisten tempo e esforzo en por en valor a cultura do noso país”.

A rexedora municipal afirmou que “a súa contribución a divulgación do patrimonio histórico de Tomiño ten sido fundamental. Así o patentizan as comunicacións sobre os petróglifos do Tetón en congresos internacionais e no feito de que o ecoparque sexa un dos enclaves máis visitados polos turistas estranxeiros”.