Tráfico e estacionamento restrinxido en Tomiño polo «Venres de Foliada»

A celebración do desfile de Entroido «Venres de Foliada» que terá lugar mañá 1 de marzo e dadas as obras da nova autovía que se están desenvolven do na actualidade, obrigan ao Concello de Tomiño a practicar restriccións de tráfico e estacionamento ao longo do percorrido deste multitudinario desfile de entroido.

venres de foliada cortes trafico tominho

Premer para ampliar

A Policía Local de Tomiño comunica que queda prohibido o estacionamento dende as 16 horas do venres ata a 1:30 horas do sábado nas rúas República Arxentina, Rúa da Guarda e Gondomar.

A partir das 21:30 h procederase ao peche total do tráfico de vehículos polo centro urbano, habilitándose diferentes desvíos.

Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á páxina web do Concello de Tomiño, nesta ligazón.