Nova Praza do Seixo, máis verde e peonil

A nova Praza do Seixo A nova Praza do Seixo

Logo de 5 meses de obras, o Concello de Tomiño ven de retirar as vallas e, así, abrir ao público a nova praza do Seixo. As obras de acondicionamento da contorna da praza do Seixo remataron e viñeron a supoñer un novo espazo público para todos os tomiñeses e tomiñesas. De agora en diante, os veciños disporán de máis zonas verdes e espazos peonís, dentro da planificación estratexica que o goberno local ten de facer do Seixo un núcleo urbano máis humano e accesivel.

As obras de “Acondicionamento da contorna da Praza do Seixo”, foron adxudicadas por 596.743,75 euros (IVE incluído), e sufragaronse con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra, de case 300.000 euros, achegando o resto o propio Concello.

As obras abarcaron unha área de máis de 5.000 metros cadrados, entre a praza do Seixo e a rúa Colón,entorno no que se realizou unha nova pavimentación xunto coa mellora das redes de alumeado, abastecemento, saneamento e demáis servizos.
seixo02

Da superficie total, máis dun 40% adicouse á creación dunha zona verde con árbores determinadaspos viveiristas do municipio. Eliminouse a rotonda e o estacionamento de coches, pasando a ser zonas peonís máis do 90% da praza e todo o ámbito unha zona de preferencia peonil no cal os vehículos terán que circular a menos de 20 km/h.

O Concello de Tomiño quere resaltar que estas obras de acondicionamento do casco urbano do Seixo, ao igual que a nova rúa recentemente aberta e a reforma do Mercado Municipal forman parte da estratexia global do gobierno municipal de rexeneración do núcleo do Seixo co obxectivo de revitalizar o comercio local, creando ao mesmo tempo, un espazo público de calidade que centralice a actividade social e comercial da vila