Tomiño organizará unhas xornadas sobre o fracaso escolar

Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta do Consello Escolar Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta do Consello Escolar

O goberno local tamén ofertou renovar as axudas para material escolar e actividades extraescolares gratuitas a todos os centros educativos do concello, nunha clara aposta pola educación que, segundo a alcaldesa Sandra González "non é outra cousa que apostar polo futuro".

O Consello escolar municipal que inclúe a comunidade educativa do concello, ven de celebrar o seu primeiro encontro neste ano 2015. Na tarde de onte, aprobáronse por un lado, a execución de diferentes obras de mantemento nos centros educativos a petición das anpas e dos centros educativos como a renovación completa dos baños do CEIP Barrantes.

Ademáis, a Alcaldesa, presidenta do consello, plantexou a renovación das axudas municipais a material escolar engadindo varias modificacións con respecto a última convocatoria como unha simplificacion da documentación requerida ou mesmo do adianto da convocatoria para antes de xuño.

Os membros do consello escolar valoraron moi positivamente a oferta que dende o Concello se ofreceu as anpas de actividades extraescolares nas que máis de 300 alumnos e alumnas de todos os centros educativos e de todas as idades puideron disfrutar.

Outra das actuacións a desenvolver serán unhas xornadas sobre o fracaso escolar previstas para o comezo do vindeiro curso 2015-16.

A Alcaldesa, mostrou a súa satisfacción polo bo funcionamento do consello escolar municipal que “facilita o contacto directo coa comunidade educativa e dende o cal se acordan as decisións por consenso.” Segundo a rexedora “as actuacións que está levando a cabo o Concello de Tomiño amosan a prioridadade que supón para este goberno local a educación, unha aposta polo futuro do municipio.”