Charlas sobre compostaxe comunitaria en Tomiño

Baixo o lema 'Participa na compostaxe comunitaria', a Concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, continúa coa organización de charlas dirixidas a veciños e veciñas interesados en apuntarse a este programa que ten coma obxectivo, entre outros, reducir o volume de lixo co beneficio medioambiental e económico que ten para o municipio.

As charlas corren a cargo de Manuel Gómez Estévez 'Lolo', técnico de compostaxe do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra. A primeira delas tivo lugar esta mesma tarde en Goián mentres que a segunda terá lugar mañá no Salón de Plenos do Concello de Tomiño ás 20.30 horas.