«Sen Remite», circo, teatro e humor esta fin de semana en Tomiño

Premio do xurado no Milano Clown Festival, chega o vindeiro domingo a Tomiño o espectáculo de circo, teatro e humor xestual «Sen Remite», de Jean Philippe Kikolas. Unha proposta para todo público, que acollerá o Auditorio de Goián, o vindeiro domingo (29 de abril) ás 18:00 horas, e na que se utilizan técnicas de circo, escaleira libre, malabares e un montón de solución para os conflitos que se van presentando.

As entradas terán un coste de 3 euros para persoas adultas e será de balde para nenos e nenas. Poranse á venda en taquilla, unha hora antes do comezo da función. O espectáculo forma parte da Primavera Cultural 2018 organizada polo Concello de Tomiño.