Tomiño

Máis dun cento de nenas e nenas, no campamento urbano de verán de Tomiño

Un centenar de nenos e nenas acoden dende estas semanas ao campamento urbano organizado polo Concello de Tomiño, dentro das actividades de verán. Todas as mañás, de 9 h a 14 horas, debuxan, aprenden, fan manualidades, xogos cooperativos e un longo etcétera. Coordinados pola psicóloga Andrea Iglesias, dez monitores, acompañan aos pequenos e pequenas ao longo da mañá. Ademais dos temas propios dun campamento, trabállanse conceptos trnasversais coma cuestións de xénero, reciclaxe, coidado do medio, violencia, etc.

Sandra González pide que se informe á veciñanza sobre o segundo treito da VAP

A alcaldesa de Tomiño solicitou á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que a Xunta envíe un técnico para explicar de forma máis ampla o proxecto do 2º tramo da VAP Tui- A Guarda e o proceso de alegacións, publicado hoxe no DOG. Asemade, agradeceu que o novo trazado do tramo presentado hoxe en Tomiño, permita á veciñanza do lugar acceder a través de pasos inferiores, facilitándolle a vida diaria.

Andrés Benítez resalta o papel das administracións públicas na visibilidade do colectivo LGTBI

Tomiño acolleu este sábado a II Festa Agro LGTBI+, celebración festiva que tivo como escenario o mercado municipal e na que non faltou de nada: concertos, obradoiros, charlas, photocall e manifesto a cargo de Andrés Benítez Oliveira, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio. O goianés explicou a súa difícil experiencia de ser homosexual no rural durante a súa infancia e adolescencia, opinando que o cambio da sociedade neste sentido e a visibilidade e normalización do colectivo, depende non só da familia e da escola, senón tamén das administracións públicas.

O sociólogo Angel Amaro falará de xénero na II Festa Agro LGTBI+ de Tomiño

Ángel Amaro Quintás, licenciado en Socioloxía, coeducador e dinamizador comunitario, porá a nota intelectual na II Festa Agro LGTBI+ de Tomiño. O vindeiro sábado, 29 de xuño ás 12.30 horas, o espazo de conferencias so Mercado Municipal (primeiro andar) acollerá a charla Entre a invisibilidade e o paternalismo: a emerxencia do armario de cristal" deste investigador ourensán de 27 anos, natural do Pereiro de Aguiar. 

SonDeSeu abre a tempada de concertos na Praza do Seixo de Tomiño

A orquestra de música folk contemporánea SonDeSeu abrirá en concerto a Axenda de Verán do Concello de Tomiño. O sábado 29 de xuño, a formación actuará na Praza do Seixo a partir das 22:30 horas, cun repertorio con temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes.

Suscribirse a este canal RSS