Seis persoas feridas ao precipitarse unha furgoneta por un desnivel en Tui

Seis persoas resultaron feridas nun accidente que tivo lugar, na mañá de hoxe, na AP-9, á altura da parroquia tudense de Rebordáns cando, por causas que se están a investigar, unha furgoneta saíuse da vía ao pasar o punto de peaxe, caindo dende o viaduto.

O accidente tivo lugar pasadas as 7:30 horas desta mañá cando un particular daba aviso ao 112 Galicia solicitando axuda urxente xa que, sinalaba, producírase unha saída de via ao redor do punto quilométrico 177 na parroquia de Rebordáns, sinalando ademáis o comunicante que o turismo precipitárase dende o viaduto e que había varias persoas feridas.

Así, con estes datos, o 112 Galicia alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos Bombeiros de Baixo Miño. De igual xeito, informouse da situación ao persoal do servizo de Control de Autoestradas.

As persoas feridas, seis en total, foron atendidas polos servizos de urxencias sanitarias no lugar do suceso e logo trasladados ao centro hospitalario de referencia. Segundo os técnicos sanitarios, o estado de todos eles era estable.