Logo
Imprimir esta página

O 1 de agosto reactívase a Zona Azul de Tui

A partir de mañá, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. O estacionamento gratuíto limitado no tempo a hora e media aplícase nestes viarios de 10 h a 14 h e de 16 h a 21 h agás domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

A Policía Local encargaranse de controlar á Zona Azul para garantir así a mobilidade dos vehículos estacionados. Lémbrase que se debe colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60 € na tesourería na casa do concello. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.

zona azul tui01

Lémbrase que no centro urbano existen zonas de estacionamento sen límite de tempo coma o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e os habilitados na rúa Irmáns Maristas, A Guarda e Coengo Valiño.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados