A Biblioteca de Tui celebra o Día do Libro

Os pequenos serán os grandes protagonistas do Día do Libro na Biblioteca Municipal de Tui Os pequenos serán os grandes protagonistas do Día do Libro na Biblioteca Municipal de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui súmase aos actos conmemorativos co gallo da celebración do Día do Libro, que ten lugar hoxe, día 23 de abril, con diversas actividades dirixidas tanto a público infantil coma adulto.

Por unha banda na zona infantil realizaranse obradoiros de marcapáxinas dirixidos aos cativos que elaborarán así o seu propio marcador. A entrada da Biblioteca instalarase un photocall literario onde os que o desexen deste espazo poderán fotografarse xunto a escritores coma Shakespeare ou Cervantes.

A Biblioteca tudense agasallará amais, durante todo o día, aos seus usuarios con marcapáxinas. Ao tempo realizará unha enquisa sobre os hábitos e gustos literarios para coñecer deste xeito mellor as preferencias e costumes dos lectores.

Amais en horario de tarde está previstos dous contacontos na propia Biblioteca. O primeiro deles será ás 17.30h dirixidos nenos de 3 a 7 anos, e ás 19h para rapaces con idades entre os 7 e 12 anos.