Óscar Carrera Amandi xa figura na rúa Olímpicos Tudenses

O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, sinalando o lugar onde xa figura o nome de Óscar Carrera Amandi, na placa da rúa Olímpicos Tudenses O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, sinalando o lugar onde xa figura o nome de Óscar Carrera Amandi, na placa da rúa Olímpicos Tudenses

Hoxe tivo lugar a recolocación da placa da rúa Olímpicos Tudenses, despois de que fora retirada para a inscrición dun novo nome dun olímpico do noso concello, o de Óscar Carrera Amandi, quen participou nos Xogos Olímpicos de Río.

O padeeiro tudense competiu en piragüismo, na modalidade de K4 1.000 metros, acadando o quinto posto na final, outorgándolle o diploma olímpico.
Na colocación da placa, estiveron presentes o concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, xunto a familiares de Óscar Carrera, cuxo nome figura xa xunto aos do resto de olímpicos tudenses, Enrique Míguez, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, Pedro Areal, Jesús González e Frank Casañas.