Galitoon presenta este sábado no Teatro Municipal de Tui, “Güela-Güela”

A historia dunha pequena cegoña, Willy, é a que chega este sábado, 22 de outubro, ás 19 h ao Teatro Municipal de Tui da man de Galitoon. A compañía de Ares presenta a obra de teatro infantil “Güela-Güela” dirixida a público familiar a partir dos 2 anos. Chisco Casteleiro é director e tamén un dos actores do espectáculo xunto a Victoria Pérez e Ana Conca.

“Güela-Güela” achéganos con diversión, humor e música as aventuras de Willy, unha pequena cegoña, na súa viaxe por levar a un bebé ata os seus pais. A obra está baseada na obra “Concerto de aves” de Frans Snyders a solicitude do Museo do Prado de Madrid dentro das actividades dirixidas ao público que visita este museo. Na mesma realzase a importancia da amizade, a solidariedade e a familia.

Galitoon formouse en 2005 realizando dende entón teatro e espectáculos infantís con especial énfase no uso de monicreques bocones e de corpo completo mesturados con técnicas provenientes de disintas tradicións. Galitoon xa estivo anteriormente en Tui con espectáculos coma Golulá ou Rosalía a Pulga que escribía.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17:30 h no despacho de billetes ao prezo de 3,5 € e 2,5 €. As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o sábado ás 12 h ou o sábado dende ás 17:30 h no despacho de billetes ao prezo de 3,5 € e 2,5 €.