Os campamentos de verán de Tui acadan 225 solicitudes

O proceso de inscrición dos Campamentos de Verán Tui 2015 pechou o pasado martes, cun total de 225 solicitudes para as diferentes quendas dispoñibles do mes de xullo e agosto.

Todos os nenos e nenas foron admitidos nas quendas solicitadas, polo tanto, tal e como indican as condicións xerais dos campamentos, dende mañá venres 5 ata o día 17 de xuño deberá facerse o pagamento da taxa establecida, que ó igual que nos últimos anos é de 30,56 € por cada quenda e neno/a.

Para facer este abono, todos os/as inscritos/as deberán pasar polo departamento de tesourería do Concello de Tui e recoller o recibo correspondente á súa inscrición.

Lembrar que a primeira quenda comezará o día 1 de xullo, a partir das 9 h horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui