Tui

O Paseo da Corredoira será peonil nas fins de semana de verán

O Paseo da Corredoira pecharase ao tráfico rodado e ao estacionamento durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto. A medida comezará a aplicarse este sábado, 6 de xullo, e estará vixente até finais de agosto. Deste xeito os sábados dende ás 14 h e ata o domingo ás 00 h non se poderá estacionar nin circular no tramo do Paseo da Corredoira comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais.

Preto de 350 deportistas participarán no VI Campionato Ibérico de Kung Fu de Tui

Preto de 350 deportistas, a partir dos 8 anos, van a participar no VI Campionato Ibérico de Kung Fu moderno e tradicional da Eurocidade, que terá lugar no novo Pavillón Municipal de Tui este domingo a partir das 10.30h. Os participantes proveñen de Valencia, Castela e León, Castela a Mancha, Andalucía, Madrid, Asturias e todo o territorio galego, ademáis de varios clubs de Portugal.

O PSOE tingue a Tui de vermello

Se algún municipio hai no que se podía estudar o fenómeno do voto fragmentado, o que algúns máis puristas gustan de chamar 'atomización do voto' –definición que os que 'fomos por letras' nunca tivemos moi clara– ese era Tui. Era, dicimos, porque nestas municipais do 2019, pásase dunha corporación de oito partidos a unha de seis pero cun deles, o PSOE, que acada unha sorprendente maioría absoluta.

Doce persoas participan no itinerario formativo de “Elaboración de conservas artesanais e naturais”

Doce persoas participaron esta semana en Tui no itinerario formativo dedicado á elaboración de conservas artesanais e naturais. Este curso forma parte do programa 'Coas mans na masa' que promove a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui. O curso comezou o luns, 6 de maio, no Centro de Formación Municipal, do Concello de Tui en Guillarei, rematou este pasado mércores.

V Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui

O próximo sábado 27 de abril, a cidade de Tui acollerá o 'Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui' que, con esta, chega xa a súa quinta edición. O encontro, organizado polo Centro Cultural Laxes de Paramos, contará coa participación das bandas Os Coribantes de Buchabade (Ponte Caldelas) e A Pintega Marela ( Madrid) que compartiran escenario coa Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, que actua como anfitriona do encontro.

Suscribirse a este canal RSS