A Guarda retira da costa 75 sacos de plásticos

O pasado domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais «O Buxeiro» organizou unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. Esta actividade, que contou coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizouse por diferentes puntos da costa da Guarda, O Rosal e Oia, participando máis dunha trintena de persoas.

O Rosal acolle, o 24 de xullo, o terceiro festival «Xente Xida»

A Asociación Cultural Xida, en colaboración co Concello do Rosal e a súa Concellería de Cultura, vén de presentar a terceira edición do festival  presentamos este ano 2019 a terceira edición do festival «Xente Xida», actividade que se desenvolverá o vindeiro 24 de xullo da Praza do Calvario, a partir das 20:30 horas, con entrada totalmente libre e gratuíta. Serán preto de trinta artistas os que pasarán polo escenario, profesionais de primeiro nivel que, asegura a organización "farán bailar e cantar a todos os presentes".

México, Serbia e Guinea Bissau, protagonistas da «XX Noite Internacional do Miño»

O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a vixésima edición da Noite Internacional do Miño. A cita será o próximo martes, 23 de xullo, ás 21:30 h no Parque do Laxal en Rebordáns. Este evento está organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui, a Comunidade de Montes en Man Común de Rebordáns e a Deputación de Pontevedra.

Oia acolleu unha nova sesión formativa dentro do proxecto “Rumbo ao Emprego”

O proxecto “Rumbo ao Emprego” que están a desenvolver conxuntamente os concellos de Oia e O Rosal ofreceu hoxe venres unha nova sesión aberta ao público xeral, neste caso centrada en como xestionar o cambios. A píldora formativa desenvolveuse este venres 19 de xullo baixo o título «Como afrontar a xestión do cambio na procura de emprego» e tivo lugar no Centro Sociocultural de Pedornes entre as 10 h e as 12 horas.

Cayetano Lledó presenta o vindeiro xoves na Guarda o seu espectáculo de maxia

O vindeiro xoves día 25 de xullo o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle o espectáculo de Maxia «Lafayette Show» a cargo de Cayetano Lledó, un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego. O evento arrancará ás 20:30h cun espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor, apto para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestuario, números de mentalismo, hipnosis, pantomima, danza...

Suscribirse a este canal RSS