O Mercado Municipal de Tomiño acolle a mostra colectiva «Unha de tres»

Até o 31 de agosto pode visitarse no Mercado Municipal de Tomiño a mostra «Unha de tres»; unha exposición plástica colectiva, na que Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati expoñen collages figurativos ou abstractos cun fondo crítico á situacións sociais e políticas actuais. Emilio Cabeiras, iniciado na Escola de Artes e Oficios de Vigo, expón traballos de serigrafía artística

A Guarda contratará a catro persoas desempregadas dentro do programa «O teu primeiro emprego»

O Concello da Guarda o abeiro do programa de fomento da empregabilidade «O teu primeiro emprego» da Deputación de Pontevedra, ten concedida unha axuda para a contratación de 4 persoas en situación de desemprego. As e os solicitantes deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emmprego ou co cartón de mellora de emprego co código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego provincial ou Baixo Miño.

Vinte e catro persoas da zona fórmanse coma adestradoras de fútbol base en Tomiño

Vinte e catro persoas superaron o Curso Intensivo de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), coa colaboración do Concello de Tomiño. Entre os participantes hai cinco mulleres de Tomiño e Comarca do Baixo Miño, case todas, xogadoras de equipos da zona. Con este curso, de iniciación, as persoas que o superaron poden adestrar en fútbol até en 3ª rexional.

A Guarda da a coñecer o seu patrimonio urbano con visitas guiadas

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro. As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00 h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende alí, o grupo sae para coñecer o patrimonio guardés en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a visita singular no casco histórico Prazas antigas e novas e os xoves a visita singular da época moderna Castelo de Santa Cruz.

A Festa do Peixe Espada da Guarda aposta pola inclusión

Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Guarda con motivo da XVI Festa do Peixe Espada, evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello guardés.

Suscribirse a este canal RSS