A lenda do Penedo dos Mouros, Ribadetea (Ponteareas)

Que mellor forma de comezar que recordar, ese legado ancestral que dende tempos remotos chega a nos da forma máis simple, pola tradición da fala. Dende aqueles primeiros homes e mulleres, que dende súas covas polas noites a luz do lume,escoitaban os máis vellos contar súas historias e mitos, o que a eles anteriormente contaranlle os seus antepasados.

Desta forma esta tradición chega o século XXI, aínda arraigada e tan propia da nosa cultura, un libro oral de nosa cultura e identidade, pero que en menos de cincuenta anos chega a atopase case en extinción, pois aí quen di, que cada vez que morre un vello nunha aldea, morre unha lenda con el.

Pois aquí vai meu pequeno homenaxe, a aquelas persoas maiores, os avós e avoas, que aínda a día de hoxe cóntanlle a seus netos, fillos e outras persoas, aquelas historias que de nenos escoitaban cando aínda non existía nin a televisión. Aqueles mitos, encantamentos, lendas, sucesos... vai por vos, por os poucos que non queren que se rompa ese lazo que nos une o noso pasado máis remoto.

Grazas a meu avó e súa boa memoria, puiden recuperar esta lenda a cal descoñecía por completo ata fai pouco tempo, que forma parte da noso rico folclore e mitoloxía.

Nos montes de Ribadetea, o pe da antiga estrada de Cillarga, que vai da Lomba (Areas) o Viveiro (Ribadetea) atopase o Penedo dos Mouros, o cal na actualidade e coñecido como Caseta dos Moros, pois a xente de forma errónea confúndeo cos "musulmáns que trouxo Franco na guerra civil". Como todos os lugares "mouros" da nosa terra, o lugar esta relacionado cunha lenda de "ouro ou encantamento por parte dos mouros",

Conta a lenda, que o Penedo dos Mouros estaba encantado, pois alí no pasado os antigos mouros meteran ouro dentro e cerraran o penedo.

Por aqueles tempos inda antes de nacer meu avó, fai entorno uns 90 anos atrás, Amador "o canteiro de San Blas" da parroquia de Areas, non tiña crenza nesas lendas de que había ouro dentro do penedo, ou que tivera un encantamento. Mesmo así, dixo que de existir ouro no seu interior sería para el, dicía que as pedras non puideran ter poderes polo que ía “barrenala” como outra pedra máis, e ver se tiña de verdade ouro.

O experimentado canteiro subiu o monte entón, o Penedo dos Mouros, fíxolle un pequeno burato e comezou a meterlle dinamita. Pero cando este inda non rematara de meterlle o explosivo, esta explotou soa sen que déralle tempo a saír do penedo, saíndo disparado.

Amador sobreviviu, pero quedou sen un brazo, coxo dunha perna e sen a vista dun ollo, a xente xa o avisara, pois o Penedos dos Mouros ten un encantamento que ningún humano pode romper.

Na actualidade o mesmo Penedo dos Mouros ten unha pequena construción no seu interior, unha porta feita en pedra a cal e anterior o suceso do canteiro de San Blas, Amador.

Esa pequena construción a fixera anteriormente o primeiro garda bosques da Serra do Galleiro vido de Pontevedra. Este residiu na casa do Viveiro (Ribadetea) a cal foi feita con ese propósito, ser a vivenda do garda bosques. Este aproveitara a forma da pedra para facer esa porta, a cal a usaba de pequeno almacén para gardar ferramenta, pero mesmo así, a día de hoxe a maxia sigue nesa lugar.

Más en esta categoría: A Cabra do Monte, augurio da morte »