Mondrico, da fundación de Mondariz aos paquetes de tabacos Celtas

Mondrico, un antigo nobre de orixe xermano do Reino Suevo da Gallaecia, alcumado "O Bravo" foi segundo a lenda o fundador de Mondariz nos tempo do rei Resismundo fillo de Maldrás (que realmente encaixaría co o rei Remismundo). Este articulo esta basado no libro "Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e o Balneario" escrito por Xoán Xosé Pérez Labaca, na súa memoria e gran traballo escribo este artigo.

Imos resumir un pouco esa lenda e que nos conta no seu libro Labaca, aínda que esta mesture datas e etapas históricas, pero o interesante aparte da lenda e que se mesturemos o nome de Mondrico coa terminación que ben do xermano -iz (que posiblemente significa pertenza ou de alguén) nos sae Mondariz, ou como di a lenda, "Terras de Mondrico".

Non se sabe a día de hoxe exactamente quen era Mondrico e que papel desenrolaba na corte sueva no século V d.C, pero segundo o libro de Labaca era fillo dos nobres Andrico e Tornela, que residían na capital do Reino Suevo, Braga. Os dezaoito anos decidiu participar en apoio a corte de Braga contra as revoltas Aunensis, a cal no libro segundo a lenda data no 561, data que para encaixala na historia había que quitarlle 100 anos e situala no 461 durante, no reinado de Remismundo e si encaixaría. Aquela revolta fora provocada o parecer por antigos aristócratas galaico-romanos que non querían perder seus privilexios das terras ante o dominio suevo, o lugar da revolta foi probablemente nas terradas dos redores da antiga cidade de Tui, inda que algúns estudosos a sitúan na zona de Ribadavia, eu persoalmente ata engadiría a posibilidade do val do Tea un dos centros da revolta dentro das terras de Tui.

O certo e que a Mondrico foille moi ben na loita e unha vez que conseguiron sufocar a revolta, foille concedido o privilexio nobre de poder levar sempre en calque lugar a espada no cinto, escudo redondo e casco, un recoñecemento como guerreiro. Despois disto Mondrico coa súa xuventude e valentía viva lanzouse pola Gallaecia dun lugar a outro na procura de aventura. Rematando no que na lenda chama Varda (A Guarda), onde namorouse da filla do gobernador desas terras que era Garderico, a fermosa Sabaxiana, a cal xa estaba prometida o gobernador das terras do val do Tea, Antróñico, o cal gobernaba dende o antigo castro de Tróñica (Troña) segundo a lenda.

Polo seu estatus de ser o máis nobre dos que se atopaba na Varda, seu gobernador Garderico mandoulle levar súa filla ata Troña, para ser tomada por seu prometido Antróñico. Isto partiulle o corazón a Mondrico, pero por súa nobreza decidiu aceptar a levala.

Segundo a lenda no camiño fixeron noite na zona das Gándaricas de Budiño (Gándaras de Budiño), onde ambos uniron súas ialmas. Retornado o camiño a Troña seu amor fíxose real, e o chegar Mondrico cegamente namorado retou a Antróñico, polo amor de Sabaxiana. Este indignado maldiciuno, pero como tiña condición de nobre tivo que aceptar seu reto, pero coas súas condicións.

Mondrico tiña que derrotar dous dos seus máis feros guerreiros, e despois se sobrevivía, a Antróñico nunha loita sen casco nin escudo, de conseguilo, o millor tirador de fonda de Troña lanzaría unha pedra e a dúas distanzas máis lonxe do tiro podería asentarse con Sabaxiana. A loita foi feroz pero Mondrico conseguiu vencer a ambos guerreiros e despois o propio Antróñico, o cal coa súa espada na cabeza perdoou a vida pola súa nobre decisión de aceptar o reto.

Mondrico e Sabaxiana fóronse dirección a pedra lanzada e chegaron a un lugar con unha fonte de augas claras cristalinas, Mondrico bebeu e despois berrou cos brazos o ceo, "¡aquí neste lugar, quédanse Mondrico e Sabaxiana! ¡esta fonte deitará auga para min e para os meus! ¡estas son, dende agora, as miñas terras! ¡Terras de Mondrico!"

Mondrico asentouse o parecer na zona do Castromao, nos redores de Mondariz na estrada que vai do colexio a antiga Ponte de Cernadela, ou ben tamén din no Castro que esta na Lagoa, xunto o campo de futbol. A seu asentamento achegáronse algúns guerreiros os cales levaron tamén súas familias e creando un prospero núcleo de poboación. Mondrico fecundou unha estirpe, a cal en tempos de San Martiño de Braga (Martiño de Dumio) por intervención directa deste converteuse o catolicismo. De Mondrico segundo conta Labaca surxíu este cantar popular nestas terras:

Esta é a terra dun home
que loitou por ser feliz
terra de Mondrico, O Bravo,
fundador de Mondariz.

Desta lenda de Mondrico e a fundación de Mondariz, e de destacar de forma interesante un aporte que engade Labaca, o cal di que nos anos vinte do século pasado escavando Pericot e Cuevillas na zona do Castromao de Mondariz, atoparon a figura esculpida de Mondrico. Esta nun principio foi depositada no museo Etnográfico de Pías (Pías, Ponteareas), onde perdéuselle posteriormente a pista para logo ser topada na posesión dun boticario catalán coleccionista no ano 1954, morrendo este sen descendencia, perdéndose de novo súa pista. Agora sábese con certeza segundo Labaca, que se atopa nunha colección privada dun ricachón americano en Sausalito, San Francisco (EE.UU.), unha magoa pero isto por desgraza non e éstrano co noso patrimonio galaico, teño escoitado máis casos de patrimonio da nosa zona do sur de Pontevedra levado para Inglaterra.celtas

Pero o curioso, e que a figura de Mondrico serviu de modelo pola mala información ou documentación de algunha persoa, a cal pensou que era celta e non de estética xermana, como modelo ilustrado dos paquetes de tabacos Celtas, antiga marca de Tabacalera S.A. Curiosidades, non e fascinante a onde chegou Mondrico fundador de Mondariz!

Vos desexo bo 2017, que se cumpran vosos soños pero loitando por eles, pois recordar que nesta vida ninguén regala nada, senón o contrario. Recordar que podedes seguirme non meu blogue Omeigodotea, un saúdo! Jhonathan Zúñiga Puga (Meigo do Tea).