O Entroido tradicional no Condado, as Corridas do Galo

Representación da festividade “A corrida do Galo” no "Serán dos Namorados" de Toutón Representación da festividade “A corrida do Galo” no "Serán dos Namorados" de Toutón

Entroido ou carnaval? Son o mesmo? Estas son algunhas preguntas que nos podemos facer nestas datas. Pero o certo, que o “entroido”, “antroido” ou “entrudo” non é un simple evento para disfrazarse, e unha festividade ancestral, popular e ten que ver co calendario solar e agrario europeo.

Non vos tedes fixado nestes días, que medraron, o sol e máis forte ou se comeza de novo a traballar os campos, labrando por exemplo?. E o fin do ciclo invernal, e a chegada da primavera, e con ela a fertilidade, as cores e a vida, e atrás se queda o frío inverno e seus demos, a infertilidade da terra, os temporais ou a propia morte co medio. Comezaban así na antiguedade, a partir do 21 de decembro (os cristiáns logo o pasaron o 24) o solsticio de inverno e o sol comeza de novo a nacer e crecer, e con el unha serie de rituais para anunciar o fin do inverno e chegada da primavera, axudar o deus supremos (O Sol) a crecer e celebrar a marcha dos demos da terra.

Eses rituais, que nos chegan como máis ou menos conservación segundo o lugar, son o que nos chamamos “Entroido”, e se celebran de forma pagán en toda Europa, norte de África e Asia Menor. Dentro da terra galaica se representan eses feitos do cambio de ciclo, con representacións como o oso como de Salcedo que esperta de invernar, traxes de seres indefinidos cheos de cor que fertilizan os campos como en San Adrián de Cobres ou no Entroido do Ribeirao, o persoaxes sarcásticos, satíricos e que asustan como peliqueiros, pantallas ou cigarróns, ou banquetes que representan a abundancia que se aproxima coa primavera...

E no Condado, cal era noso Entroido popular tradicional? Pois como noutros lugares da terra Galaica ou mesmo Europa, eran as Corridas do Galo. Esta era unha festa satírica, de xuntar namorados e con banquete final.

Pero se pode dicir que esa celebración, que normalmente era a finais de febreiro, era o último paso dunha serie de rituais que comezaban antes segundo as parroquias. Temos así, nada máis comezar a crecer o Sol e comezar o novo ano, os ranchos e danzas de Reis. Fixádevos ben, nos seus traxes coloridos, nos seus bailes e danzas... e logo comparalos con outros persoaxes e ritos do entroido galaico doutras zonas, non son moi similares?. Era a forma ancestral con estas danzas e traxes alegres, de anunciar e celebrar que o inverno estaba rematando, e o sol crecendo. A día de hoxe, por exemplo en Ponteareas quedan catro ranchos de Reis, o de Guláns, Cortellas, Fozara e Santiago de Oliveira, pero no pasado había muitos máis como o de Ribadetea, Areas, Xinzo, Pías ou Bugarín.

Despois viñan as chamadas “perriñas”, onde os nenos, enmascarados sempre, ían pedir cartos as casas dos veciños. Este tipo “truco-trato”, consistían en que se na casa onde ían, se accedían a darlles cartos, estes quitábanse a mascara, se non daban, non o facían. Inda contan os maiores, que se levaba unha vara, e se intentábanlle quitar a mascara sen darlles a “perriña” defendíanse coa vara. Logo co recadado facíase unha merenda ou pequeno banquete. Aquí temos a parte dos cativos, con mascarada, satírica de pedir a abundancia e finalmente pequeno banquete, unha base moi do entroido tradicional.

Por último chega o día grande, A Corrida do Galo onde participa toda a parroquia ou aldea enteira. Nos chegan a día de hoxe tres bastante ben documentadas e inda con testemuñas de tres parroquias, Toutón en Mondariz, e Fozara e Padróns en Ponteareas. As tres son veciñas, pero veremos que teñen diferenzas.

A Corrida do Galo de Fozara
Se realizaba nos redores do castro da Cidade de Caneiro. Primeiro se elexía o galo máis fermoso da parroquia para sacrificalo (o galo era un símbolo de abundancia, do que chegaba co cambio estacional) pero antes se collía grande cantidade de “laranxas bravas” e se levaban o lugar, onde os participantes facían un círculo e soltaban o galo no medio, era “laranxeado”, e dicir, tirábanselle as laranxas a dito animal.

Despois viña o sacrificio, onde se elexía a un mozo do lugar e vendábaselle os ollos, o galo era enterrado ata o pescozo e situaban o mozo cun pau a tres pasos. O mozo tiña que acertar dándolle o golpe de graza en tres intentos co pau, se fallaba pasaría a intentalo outro.

O final da festa os organizadores comían o galo e recitaban coplas satíricas contra certos veciños da parroquia, coplas as cales eran tomadas como brincadeira e con humor.
A Corrida do Galo en Padróns.

Practicamente era igual a de Fozara, celebrada no lugar da tenda de Daniel pero coa variante no sacrificio, nun primeiro momento este en vez de ser enterrado colgábase dun pau e mozo tiña que acertar nel, despois de vendarlle os ollos e darlle un par de voltas.

A Corrida do Galo en Toutón
Tal vez o que semella máis antigo e tradicional dos tres. Neste caso escollíase o galo mais fermoso e bravo da parroquia. Despois facíase algo moi importante, elixíase un rei e unha raíña entre os rapaces solteiros da parroquia, para que despois namorasen xuntos pois ese era un dos propósitos. Logo tiña lugar unha procesión levando o galo en unhas andas e os reis encabezando esta, todo con cores moi vivas primaverais. A continuación o galo era “laranxeado” con laranxas bravas e posteriormente enterrado ata o pescozo, escollíase un un mozo para apalealo, pero coa variante que o golpe final dáballo o rei elixido. Por último o rematar saían a relucir as coplas satíricas chamadas “testamento do galo”.

Dicir que esta festa inda se realiza simbolicamente sen matar o galo e con participación infantil, tentando non perder a tradición na parroquia no seu popular “Serán dos Namorados”, celebrado no mes de febreiro, organizado polas Pandereteiras de Toutón.

Por último recordar que noutras parroquias do Condado como Prado, en Cristiñade no lugar do Puño ou na propia Ponteareas, tamén tiñan súa corrida do galo no final do entroido pero perdéronse case os datos.

Unha mágoa ter este entroido tradicional noso xa practicamente extinguido, sen ser simbolicamente en Toutón ou ata algún ano Prado, certo que tería que ser adaptada de conservarse o século XXI para non facer dano o galo, pero cando menos, teñámolo vivo na nosa memoria desta terra. E agora a última pregunta, xa vimos o que era noso entroido tradicional e súa historia, pois ben, que me explica agora que é o Carnaval e que simboliza?