O monte San Nomedio ou San Mamede, posible mítico Medulio?

Neste outono, muito se menciona o concello das Neves, pero por desgraza esas mencións son polos tristes e destrutivos lumes que devastaron súas terras e vidas. Pero agora, como se fora un toque de levantarlle a moral a eses danados lares veciños, porei meu gran de area recordando seu glorioso pasado, e tal vez un dos feitos que puido marcar máis mella non só nas terras do Condado, senón en toda a antiga Gallaecia e máis alá, pois nun de seus montes máis emblemáticos puido forxarse o mítico lema “denantes mortos que escravos”.

Situado xusto enriba do val do Miño, se levanta unha grande montana que chega os 694 m no seu cumio, como un brazo separado dos Montes da Paradanta, cun porte que impoñente no centro do concello das Neves, tratase do antigo monte de San Mamade, a día de hoxe coñecido como San Nomedio, que no seu cumio ten unha capela no nome do propio San Mamede.

Pero tal vez, esta maxestosa montana esconda algo máis no seu pasado remoto, pois non serei o primeiro nin o último que o poña na mesa, o mítico Monte Medulio, a última resistenza fera no ano 22 a.C dos galaicos contra Roma. Foi épico este mito pois no seu final, os galaicos atrincheirados no monte, famentos e acurralados, deciden matarse con “lume, ferro e veleno de teixo” antes de ser rendidos a Roma, inda que nas crónicas tamén nos falan da presenza de Ástures e Cántabros.

Segundo nos chegan os poucos datos romanos, este monte mítico foi a última resistenza, a cal defenderon miles de galaicos, que foron rodeados e cercados por un foxo de 15 millas o seu redor segundo os historiadores romanos Floro e Paulo Orosio. As lexións romanas as dirixían os cónsules Publio Carisio vido de terras lusitanas, e Caio Furnio, vido de terras da Tarraconense polo norte, que pouco a pouco foron reducindo o cerco, deixando os asediados nunha situación extrema. O parecer cando se ía iniciar a toma final por todos os frontes, os galaicos, nesa noite fan un grande festín e deciden suicidarse, morrendo así de forma heroica e libres antes que entregarse a escravos. No século V d.C o cronista galaico Paulo Orosio nos conta sobre a súa ubicación «minio flumini inminenten», e dicir, nas terras cércanas do río Miño. Isto fixo que muitos historiadores e investigadores situaran este monte en diferentes lugares da xeografía do noroeste peninsular, como en terras galegas o Courel, o Aloia, Cabeza de Meda, no macizo de San Mamede... até o historiador alemá de inicios do século XX, Adolf Schulten, o sitúa no monte Santa Tegra, pero tamén ten indicios dunha posible ubicación nos “montes cércanos a Meder”.

Curioso verdade, Meder-Medulio, o parecido do nome, e cal e o grande monte situado na zona, San Nomedio. Pero que pode ter San Nomedio para ser o emblemático Medulio, pois máis do que pensamos. Dicir que é unha montana soa, sobre o val do propio Miño como dicía Orosio, que no seu cumio tivo un castro e unha capela abdicada a San Mamede, santo que aparece muito en montes referidos o posible Medulio, e que ese xigante foxo que o rodeaba semellen os mesmos vales que rodean a montana. Curiosas tamén son súas lendas e folclore moi bélicos, pois contan que alí habitaron os mouros, neste caso de seguro refírese os pagáns galaicos, e que despois dunha grande luita esconderon súas armas en túneles baixo o monte, así como un grande boi de ouro.

Tamén e curioso o topónimo nos seus redores como «Batalláns», e o lugar da «Batalla», onde tamén se conta que os mouros luitaron nunha grande luita. Outro topónimo curioso do lado de Ribarteme e o da A Muradella, que nos fai pensar en muralla. Tamén debemos engadir as tradicións e romeiras dos redores, como a dos «mortos» en Ribarteme ou a do «medo» a capela de San Bartolomeu de Taboexa, pois todo nos fala de luitas moi antigas, morte e medo... medo e Medulio.

Non imos asegurar que San Nomedio ou San Mamede sexa este fascinante monte, nin muito menos, pero que seu folclore, situación e tradición nos fale que esa montana “algo tivo que pasar en tempos remotos”, case é innegable. Tampouco 'podemos dicir que na terra galaica só se producise unha resistenza heroica no monte Medulio, tal vez foi máis dun, cousa que tal vez nunca coñeceremos, o que fai deste mito algo inmortal e que todos os galegos e galaicos debemos sentirnos orgullosos.

Por último vos deixo con este poema sobre o Medulio que escribiu Ramón Cabanillas no ano 1917, chamado En pé!, o mesmo que dígolles os veciños habitantes das Neves e a nos mesmos, non deixemos asoballarnos de novo polas mafiosas políticas forestais e o conformismo, senón a historia repetirase ano tras ano e con ela a dor e as bagoas.

"O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!"