Luns de Pascua Luso-Galaica en Valença

A tradicional procesión pascual transfronteiriza de Valença, terá lugar o luns día 17 de abril ás 17 horas, co emblemático 'Percorrido da Cruz'. O Miño recebe esta tradición popular e relixiosa no Parque Natural da Señora da Cabeza, na parroquia valenciana de Cristelo Côvo. Trátase duna auténtica romaría galaico-miñota que se celebra sempre o luns inmediato ao fin de semana da Pascua e supón o punto de encontro para milleiros de peregrinos de todo o noroeste peninsular.

Ao atardecer, logo da visita pascua á parroquia de Cristelo-Côvo, o parroco portando unha cruz ornamentada, embarca nunha barca de pesca e cruza o río Miño ata a beira española onde os feligreses do outro lado do Miño teñen a oportunidade de bicar a cruz. Nese percorrido, os pescadores lanzan as súas redes bendecidas ao río e todo o peixe que se pesque nese lance, será para o parroco.

Á volta, o parroco portugués regresa na barca acompañado polo cura párroco de Sobrado-Torrón, no concello de Tomiño, dando a cruz a bicar aos peregrinos que agardan na marxe portuguesa. Varias embarcacións, galegas e portuguesas acompañan esta procesión fluvial nas augas do Miño.

Romaria Galaico Minhota
Ata ben entrada a noite, os sons das gaitas mesturanse coas das concertinas, as castañolas e o son dos bombos e tambores nunha auténtica romaría galaico-minhota. O martes, 18 de abril, oficiarase unha misa en galego, para os peregrinos galegos para, de seguido e como parte da tradición, gozar dun xantar á sombra dos merendeiros. A tradición do 'Lanço da Cruz' é unha manifestación relixiosa e popular moi arraigada na tradición das xentes da raia miñota e conta, ano tras ano, con maior asistencia tanto de feligreses como de turistas.