Manrique Fernández

Manrique Fernández

O meu andel / Blog literario de Manrique Fernández

URL del sitio web:

Ramón Vilar Landeira, «Un peixe no parqué»

«Un peixe no parque» é unha novela que semella non querer chegar a tal categoría, coma se se conformase con non pasar de ser un libro de relatos con algunhas conexións entre si. Sei que tal descripción pode parecer un pouco absurda, pero o certo é que entronca perfectamente coa forma e o fondo deste texto, malia que para entendelo quizais sexa convinte afondar un pouco máis nas súas páxinas.

Arantza Portabales, «Beleza vermella»

Arantza Portabales regresa á narrativa logo do éxito de «Deixe a súa mensaxe despois do sinal», e volve cunha novela de xénero negro na propón un xogo relacionado coa concepción da arte como pano de fondo da historia. E digo isto porque a trama desenvólvese neste escenario que, dalgún xeito, pode levarnos a reflexionar sobre o asasinato como forma de arte. Mais iso, sendo relevante, non é o esencial da narración.

Manuel Portas, «Por puntos»

«Por puntos», o novo traballo narrativo de Manuel Portas, achégase ao costumismo no sentido de reflectir a realidade cotiá sen unha aparente interpretación ou análise da mesma. E digo aparente porque, en verdade, detrás das súas palabras si podemos atopar posicións subxectivas do autor, pese a que tales prantexamentos non son exhibidos con rotundidade para non distraer a atención do lector.

Daniel Asorey, «As mulleres da fin do mundo»

Daniel Asorey xa nos sorprendeu gratamente coa súa primeira novela, 'Nordeste', na que se achegaba ao mundo dos cabaçeiros misturando a realidade con pingas de fantasía que dotaban o relato dun fondo moi especial. Agora regresa cunha nova historia na que nos prantexa un futuro distópico que non semella excesivamente lonxano e na que, unha vez máis, transmite un pouso social co que semella querer axitar as nosas conciencias.

Suscribirse a este canal RSS