Salceda solicita á Xunta un Plan de Emprego que beneficiará a 100 persoas desempregadas

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. A alcaldesa accidental e concelleira de Emprego e Formación, Verónica Tourón expresou a súa confianza en que a Xunta "atenda a nosa petición e poidamos poñer en marcha este programa necesario para as persoas demandantes de emprego do noso concello, xa que é un programa integral de formación, prácticas e inserción laboral".

O novo Centro de Saúde de Salceda estará operativo no 2020

O equipo de goberno de Salceda visitou esta semana as obras de construcción do novo centro de saúde, na Rúa Mártires de Sobredo. O encargado da construcción do edificio trasladoulles á alcaldesa e aos concelleiros e concelleiras que a acompañaron o estado actual das obras, que avanzan a bo ritmo, e que neste momento se atopan no proceso de instalación dos elementos precisos para os diferentes suministros: electricidade, auga, climatización, gas, etc.

Salceda terá unha capela adicada ao Cristo das Angurias

A parroquia de Santa María contará a partires do vindeiro ano cunha capela adicada ao Cristo das Angurias, ubicada nun baixo da rúa Vigo, no casco urbano de Salceda. A diocese de Tui-Vigo ven de adquirir dito baixo en cumprimento da palabra dada á familia que nos anos 90 donara un terreo á Igrexa para este fin. O terreo, ubicado onde hoxe se atopa o Parque Raíña Aragonta, foi expropiado no seu momento para a construcción do mencionado parque, deixando así sen posibilidade de construcción da ansiada capela.

Salceda apela á responsabilidade veciñal para manter limpo o entorno

O Concello de Salceda de Caselas vén de lembrarlle á veciñanza que teñen a súa disposición un servizo semanal de recollida enseres voluminosos para uso particular, polo que aqueles veciños e veciñas que precisen desfacerse de algún moble, electrodoméstico ou similar, poden poñerse en contacto co Concello para solicitar a recollida do mesmo. O Concello denuncia que, nos últimos tempos, "estánbse a multiplicar os casos de abandono de enseres na vía pública sen notificación previa, dando unha imaxe moi pouco apropiada das rúas da vila".

Mos homenaxea a Juan Ferron e ao C.N. Mos pola excelente tempada

A Casa do Concello de Mos foi escenario, na tarde de onte, do acto de recepción a Juan Ferrón, deportista do Club Natación Mos, que participou na World Paralimpic Series de Berlín con excelentes resultados; e aos demais nadadores e nadadoras do Club Natación Mos –47 en total– pola boa tempada realizada. Ao acto para felicitar aos nadadores/as mosenses asistiron parte dos preto de 50 rapaces integrantes do equipo acompañados das súas familias, membros da directiva do Club; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Deportes, e membros da Corporación Municipal.

Suscribirse a este canal RSS