Mos

A socialista Victoria Alonso presenta unha candidatura para facer "o Mos que queremos"

O Pazo de Mos acolleu este pasado domingo a posta de largo da candidatura do PSdeG-PSOE que acompañará a Victoria Alonso na próximas cita coas urnas do 26 de maio. “Traballo, traballo e traballo”, prometeu Alonso por de toda esta lista, “para facer un Mos mellor”. A candidata comezou agradecendo a Patricia Pérez, actual concelleira e quen lle entrega o testemuño como cabeza de lista, todo o traballo levado a cabo durante estes anos “por Mos e polo Partido Socialista”, tras o que lle entregou un ramo de flores de recoñecemento.

Xiramos, de Mos, segundo posto no Trofeo Don Quijote disputado en Toledo

O pasado 6 de abril, sábado, os rapaces da Agrupación de Patinaxe 'Xiramos' de Mos participaron no 'II Trofeo Don Quijote' en Santa Cruz de la Zarza (Toledo), obtendo un magnífico segundo posto na súa categoría do grupo 'Dentro del tiempo'. 'Xiramos' competía, amais, con outros dous grupos: 'Welcome' e 'Miradas en la noche'.

Morre un home en Mos ao quedar atrapado debaixo dunha árbore

Un home perdeu a vida na tarde de onte ao quedar atrapado debaixo dunha árbore no municipio de Mos. Un particular daba aviso ao 112 Galicia pasadas as catro e media da tarde de onte dando conta do suceso que tivo lugar no Camiño do Porto, no barrio da Igrexa na parroquia mosense de Tameiga.

Medio Ambiente tramita un proxecto que prevé crear 42 empregos en Mos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a tramitar un proxecto singular promovido pola Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) no parque da Veigadaña (Mos) e que suporía un investimento directo duns oito millóns de euros por parte das empresas implicadas, que gardan relación, fundamentalmente, co sector do automóbil. Así o avanzou durante unha visita á sede de AEMOS para coñecer os detalles da iniciativa a conselleira Ángeles Vázquez, quen subliñou a importancia e o impacto positivo que terá un proxecto destas dimensións para o Concello de Mos.

Mariano Rajoy asistirá ao xantar dos populares do Baixo Miño e Louriña

O expresidente Mariano Rajoy arroupará en Mos a Ana Pastor no xantar dos populares do Baixo Miño e Louriña que se desenvolverá o sábado 13 de abril ás 13:30 horas en Sanguiñeda, Mos. Así o anunciaron hoxe os candidatos e candidatas destas comarcas no acto de presentación que tivo lugar na sede dos populares porriñeses.

Suscribirse a este canal RSS