A Vaqueira, un barrio do Porriño 'dividido' por unha liña continua

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañou este mércores pasado na estrada PO-510, aos veciños e veciñas do barrio da Vaqueira, na parroquia de Budiño, para esixir de novo á Xunta de Galicia, que dea una solución aos porriñeses que viven neste barrio, “que fica dividido por unha liña continua na estrada que fai imposible aos coches xirar para chegar ás casas ou negocios e cruzar aos peóns”.

García de la Torre lembrou que “hai xa máis de 6 meses que os responsábeis da Xunta comprometéranse a estudar á proposta dos habitantes desta parte do Porriño para rematar con esta situación e ata hoxe non deron sinais de vida”.

oporrino EvaGarcia manifestacion vaqueira02

Neste senso, esta mesma semana mantivo unha xuntanza, no Concello, con representantes dos veciños para, con axuda dun técnico municipal, deseñar, de novo, unha alternativa que presentar ao Goberno de Galicia para dar solución a un problema que alóngase xa máis de 5 anos.

Esa alternativa, como estudaron na reunión, pasa pola colocación de varios semáforos, “que fagan posible a redución da velocidade nunha vía moi transitada” e a situación de pasos de cebra que permitan que os veciños, “que teñen fincas ás dúas beiras da estrada” poidan cruzar con seguridade.