Porriño inicia a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas na vila

Persoal especializado da empresa Rentokil comezou a colocación de xaulas que permitan controlar a poboación de pombas. Unha delas foi instalada no edificio abandoado de Instalauto, ao carón da Praza Central. Precisamente nese punto do casco urbano, así como noutros, producironse queixas reiteradas de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios o que motivou que o Concello de Porriño, ante estas peticións contratase á empresa para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica.

A empresa que ten sede no polígono porriñés da Granxa, obtivo a semana pasada a correspondete autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para iniciar as labouras de trampeo que se alongarán durante un ano, a través de accións mensuais.

Polas estimacións dos técnicos de Rentokil, uns 300 exemplares compoñen a poboación de pombas que actualmente hai no centro urbán da cidade. A colocación de xaulas para a captura destes animais realizaráse tamén no edificio do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios. En ambos os dous comprobouse que as pombas colocan os seus niños e polo tanto se concentran en eles a meirande parte destas aves.