A Audiencia Provincial anula a sentenza que absolvía á alcaldesa do Porriño

A Sala Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra vén de anular a sentenza dictada polo Xulgado Penal Nº 1 de Pontevedra que absolvía a Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, dun presunto delito de falsedade en documento oficial a raiz dunha denuncia interposta por uns particulares durante o seu exercicio profesional como avogada. Eva García expresou a súa "confianza na xustiza" e asegurou que esta decisión da Audiencia "“non afecta a miña actividade política nin a meu cargo como alcaldesa e polo tanto manteño a folla de ruta para a formación de novo goberno municipal de Porriño".

A Audiencia, segundo explicou a propia Eva García de la Torre, revoca esa sentenza "ao entender que o Xulgado Penal non contemplou un presunto delito de deslealdade profesional que fora imputado pola Fiscalía contra mín durante a vista oral e polo tanto se retrotraen as actuacións ó Xulgado Penal para que o seu titular se pronuncie sobre ese suposto” explicou a propia afectada.

Eva García reiterou a súa confianza en acadar de novo unha sentenza absolutoria como xa acontecera no anterior xuizo y manifestou a súa confianza no Poder Xudicial. Por outra banda esclareceu que este feito xudicial “é alleo á miña actividade política polo tanto non afecta a miña condición de alcaldesa ni modificará a miña folla de ruta para rematar as negociacións e formar goberno municipal de progreso para Porriño”, segundo dixo.