Logo
Imprimir esta página

O BNG non pecha as portas para un pacto de goberno no Porriño

Ante ás afirmacións de Eva García De La Torre nos medios de comunicación sobre as negociacións que manteñen abertas o BNG e PSdG para un acordo de goberno, os nacionalistas reclaman da alcadesa do Porriño "prudencia sobre o contido e o avance das negociacións". O BNG asegura "manter aberta a vontade de que haxa un pacto de goberno" aínda que advirten "este pode darse ou non".

Unha vez asinado un documento, o pasado día 14 de xuño, sobre propostas programáticas para un acordo de investidura, o BNG explica que "atendendo ao acordado pola súa Asemblea de militantes, abriu un proceso de negociación para un pacto de goberno entre o BNG e PSdG".

Segundo os nacionalistas, nas catro reunións mantidas entre as dúas formacións políticas "foise avanzando na configuración dunha nova estrutura de goberno e nun programa de actuacións a levar adiante no mandato 2019- 2023. Mais as negociacións seguen abertas. Si que avanzamos na delegación de competencias da alcaldía na xunta de Goberno Local e no Pleno e en áreas que asumiría o BNG mais a día de hoxe aínda non hai un acordo".

O Bloque Nacionalista Galego transmitiulle ao equipo negociador do PSdG-PSOE que a proposta sobre a que están a traballar "terá que ser ratificada pola Asemblea Local de militantes do BNG, e esta non terá lugar ate o día tres de xullo".

Mentres non se dean por pechado as negociacións e haxa un acordo de goberno entre o BNG e o PSdG do Porriño, os nacionalistas solicitan que Eva García De la Torre "se absteña de calquera manifestación pública sobre os avances das negociacións. No caso contrario daremos por suspendidas as negociacións". A cautela reclamada polo BNG quere ser unha advertencia ao PSdeG-PSOE "para que non dean por feito un pacto cando aínda non se dan ás condicións para o mesmo".

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados