Logo
Imprimir esta página

O Porriño aranxa o campo de San Campio para a estrea do Pontellas en Terceira

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira Lourdes Moure e de Julio Bernárdez, xerente do departamento de Deportes do Concello visitaron as obras que a administración municipal está a realizar nos campos de fútbol e vestiarios de San Campio. Actualmente están a realizarse tarefas de pinchado para aireación do céspede e capa vexetal do campo de herba natural.

As labores continuarán en próximos días para ter este campo nas mellores condicións posibles para a estrea do Pontellas en Terceira División despois do seu flamante ascenso de categoría. Pola mesma razón tamén estánse a realizar traballos de limpeza e pintura dos vestiarios. A Liga en Terceira División arrancará o vindeiro 25 de agosto segundo determinou a RFEF.

campo san campio 02

Estés traballos que se están a realizar foron acordados nun recente encontro celebrado na Alcaldía entre Eva García, Julio Bernárdez e directivos do C.D. Pontellas encabezados pola súa presidenta, Marta Costas. Durante esa reunión a alcaldesa recoñeceu á directiva do Pontevedra “a mói boa xestión que están realizar dende a parte administrativa do club que se plasma nos excelentes resultados deportivos en todas as categorías”.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados