Logo
Imprimir esta página

A Xunta comprométese a presentar en tres meses a mellora da travesía da Vaquería

A Xunta de Galicia tén de prazo ata o 11de outubro para presentar un proxecto de mellora da seguridade viaria na travesía do barrio A Vaquería, en Budiño, segundo o compromiso adquirido a pasada semana, polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, ante a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e unha representación veciñal nun un encontro celebrado en Vigo na sede da Delegación Territorial da Xunta.

Segundo explicóu Eva García, despois da reunión de dúas horas de duración, “achegamos posturas entre vecinos da Vaquería e Xunta de Galicia para unha mellor solución ós problemas de seguridade viaria da travesía da estrada autonómica PO-510 por ese barrio de Budiño”.

a vaqueria reunion 01

A alcaldesa explicou que o director da Axencia Galega de Infraestructuras aceptou incorporar dúas glorietas, un semáforo con pulsador e sendas para peóns para mellorar a seguridade dos veciños.

Cando sexa presentado o proxecto, “os veciños disporán dun período de alegacións para formular as súas aportacións que poidan ser incorporadas co correspondente aval dos técnicos da Consellería”, declarou Eva García de la Torre.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados