Logo
Imprimir esta página

Principio de acordo entre concello e canteiras para bloquear o acceso de bañistas

Mellora do valado e peche perimetral; ampliación da sinalización de perigo e estudar posibles sancións tanto a vehículos como peons que ainda así accedan ás canteiras, son as tres medidas que se acordaron hoxe na reunión entre Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curíosos.

Á reunión presidida por Eva García, asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de Pocasa (Porriñesa de Canteiras) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira Arcace nº 21 que é actualmente á que acuden máis bañistas e curiosos. Por parte municipal, ademáis da alcaldesa; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, así como o enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado que asesora técnicamente ao Concello de Porriño.

A medida máis inmediata que se vai acometer será impedir o acceso ás pistas mineiras mediante un portalón ao que só teña acceso o persoal autorizado. Tratase dun portalón xa existente que vaise a adiantar para colocarse noutro punto onde teña máis efecto disuasorio. Será executado de inmediato por persoal de Pocasa como titular da concesión.

reunion canteiras porrinho 02

No que atinxe a sinalización, a pesares de que hai dabondo, acordouse colocar outros sinais de que está prohíbido e que é perigoso o baño nesas canteiras. “Non é unha zona de ocio, é unha zona mineira onde non está permitido o acceso”, precisou a alcaldesa Eva García.

Doutra banda o Concello de Porriño vai estudar a ordenanza municipal “para ver se teñen cabida posibles sancións con multas tanto a conductores e vehículos como peons que, a pesares das prohibicións, accedan a esas canteiras xa sexa para o baño ou para sacar fotografías”, explicou Eva García.

Todas estas medidas “son para protexer a seguridade de todos” dixo a alcaldesa que engadiu que “acceder ás canteiras e bañarse nelas supón un acto de manifesta anterioridade que pon en perigo a integridade física de quen o fai e dos que lles acompañan”, rematou a alcaldesa.

Esta situación xurde logo de que das 30 explotacións de granito existentes actualmente no Porriño, tan só 9 atopanse operativas e con producción testimoniais. As restantes atópanse en paralización temporal e sen actividade extractiva.

Nun informe elaborado para o Concello de Porriño polo enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado, subliñábase que o principal problema sitúase na canteira Arcace nº 21, en Atios “pola acumulación de auga de choiva, pola facilidade de acceso tanto en coche coma a pé, e logo polo fácil acceso para bañarse aproveitando unha rampla”.

“Todo isto a pesares de que o acceso é a través dunha pista mineira pola que só poden circular vehículos autorizados e que a sinalización e peche perimetral da canteira Arcace impide que alguén poida acceder á mesma por despiste ou involuntariamente”, segundo sinala o infome do enxeñeiro.

Lémbrase que a canteira está pechada con desquites e cachotes de granito coas pintadas «Perigo» e «Prohibido pasar» de xeito que aqueles que aínda así acceden a bañarse na canteira actúan intencionadamente.

O informe técnico alerta de que hai outras cinco canteiras co posible risco de que sexan utilizadas por bañistas. Todas elas son arrendamentos parciais da concesión Benedicta nº 1544 da que é titular Porriñesa de Canteiras.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados