ACIPOR entrega os cheques aos premiados na campaña de Nadal

Os premiados e premiadas recolleron os seus cheques para realizar compras nos establecementos adheridos ao CCA Morea Os premiados e premiadas recolleron os seus cheques para realizar compras nos establecementos adheridos ao CCA Morea

A presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea”, Juana Pérez Rodríguez, entregou 25 cheques de 60 euros, aos consumidores premiados na campaña de Nadal que os comerciantes porriñeses puxeron en marcha de cara a premiar aos consumidores que, nesas datas, realizaron as súas compras nos establecementos adheridos ao CCA Morea.

Estes 25 cheques entregados, completan o total de 50 cheques sorteados dentro da campaña de Nadal de 2015. En total, o CCA Morea sorteou un total de 3.000 euros a través destes 50 cheques de 60 euros. Os premiados poderán facer uso deses cheques no comercio local porriñés dentro da ampla e diversificada oferta que teñen os comercios adheridos ao CCA Morea.

Dende ACIPOR destacaron a bóa acollida que ten cada ano esta iniciativa, que procura que os consumidores fagan as súas compras de Nadal no comercio local ofrertando ademáis de produto de calidade, un incentivo máis á hora de realizar as súas compras de Nadal no Porriño.