Éxito da Festa do Chouripán que repartiu preto das 1.200 racións

As previsións da organización foron superadas amplamente polo grande número de persoas que participaron nesta "Festa do Chouripán" As previsións da organización foron superadas amplamente polo grande número de persoas que participaron nesta "Festa do Chouripán"

A Festa do Chouripán que organizou a Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño, superou amplamente as previsións máis optimistas realizadas polos organizadores, feito polo que hoxe quixeron agradecer a presenza de todas as persoas que os acompañaron nesta cita festiva.

Segundo os datos dos que dispón a Asociación, na VII edición do Chouripán, superáronse ampliamente as 1.150 racións de Chouripán, o dobre que na edición de 2014, e que fixo que por varios momentos se agotaran as existencias do Chouripán.

Este feito obrigou á organización "a movilizar o seu equipo" para trasladar e preparar máis racións ante a gran demanda das mesmas por parte de todos os asistentes que puideron degustar o tradicional Chouripán, acompañada de bebida, a prezos moi populares. Asimesmo, o número doutras consumicións e a asistencia a Fogueira de San Xoan, desbordaron as previsións.

Dende a Xunta Directiva da AA.VV. quixeron agradecer aos asistentes "a súa participación e acollida da Festa do Chouripan nesta edición" e tamén tiveron un especial agradecemento aos establecementos colaboradores que fixeron posible poder manter o ritmo de preparación e suministro de racións ante a gran demanda rexistrada. Finalmente, a Asociación de Veciños quixo tamén agraceder a colaboración municipal no evento.

A Xunta Directiva da AA.VV. tamén aproveitou a oportunidade para informar a todos os veciños e veciñas que xa está a traballar na organización de futuros eventos, entre os cales quixo destacar un proxecto audiovisual que se desenvolverá baixo o nome de "Cine nos Barrios".