O Porriño

A IVª Feira do Pan aspira a converter Porriño na capital galega do pan

O salón de plenos do Concello do Porriño foi hoxe testigo da presentación da IVª Feira do Pan do Porriño. A presidenta de ACIPOR, Juana Pérez Rodríguez, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e as 8 panaderías participantes na Feira, presentaron a programación da Feria que esta ano amplía un día e se celebrará o sábado 1 de Xuño e o domingo 2 de Xuño.

Concentración de repulsa polos sucesos de Torneiros

A Alcaldesa de Porriño, os concelleiros do goberno municipal e os voceiros dos grupos políticos da Corporación Local encabezaron a concentración de repudia polos sucesos de Torneiros e para mostrar o apoio de Concello de Porriño ás familias de xitanos zamoranos. Representantes das familias de xitanos zamoranos, entre eles, familiares directos dos feridos, tamén acudiron e participaron na concentración.

“Porriño Accede” consegue un convenio entre con “Maier Ferroplast” para fomentar a incorporación laboral

Dende o pasado xaneiro, ó longo dos cinco meses transcurridos, o programa “Porriño Accede” que se desenrola por terceiro ano consecutivo, fomentou a incorporación ó mercado de traballo en empresas da cidade e da bisbarra. Segundo o balanzo feito pola Concellería de Emprego, 65 foron as persoas seleccionadas para recibir formación das cales 26 firmaron xa un contrato de traballo no que leva de ano e outras 19 realizan prácticas durante o mes de maio con expectativas de inserción, en distintas empresas do Porriño.

O PP porriñés propón unha senda peonil e carril bici na contorna do Louro

O candidato á Alcaldía do Porriño polo Partido Popular, Alejandro Lorenzo, ven de facer público un dos proxectos incluidos no seu compromiso cos porriñeses de cara os vindeiros catro anos, o acondicionamento e construción dunha senda peonil e un carril bici ao carón do Paseo do Louro. Arroupado por varios membros da súa candidatura, Lorenzo amosou aos medios o proxecto técnico e económico finalizado que se compromete a implementar para devolver a vida a este espazo.

Suscribirse a este canal RSS