salceda 2017

Xornadas de ciclismo para os máis cativos en Salceda de Caselas

O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración co Club Ciclista Aragonta, porán en marcha, este vindeiro mes de xullo, as primeiras xornadas de ciclismo que permitirán aos nenos e nenas, desenvolver diferentes actividades pero sempre co denominador común da bicicleta.

As xornadas, que están dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 14 anos, terán dúas quendas, unha primeira a desenvolver entre os días 20 e 24 de xullo e unha segunda entre o 27 e 31 de xullo. Os nenos e nenas interesados poderán participar nunha delas, cun prezo de inscrición de 25 euros para os federados e 35 euros para os non federados, ou ben en ámbalas dúas, sendo neste caso a inscrición de 45 euros para os federados e 60 para os non federados.

As actividades desenvolveranse entre as 09:00 horas e as 14:00 horas e, durante ese tempo, a diversión e o aprendizaxe estarán garantidos, xa que haberá actividades de gymkana, educación viaria, duatlón, “pumptrak”, piscina, sendeirismo e, sobre todo en por enriba de todo tal e como apunta a organización “moita bicicleta”.

A iniciativa estará dirixida por un corpo técnico composto por Miguel Ferández Cruz, director deportivo nacional nivel II e Gabriel Vaqueiro Gómez, monitor de ciclismo.

Para solicitar máis información e mesmo para formalizar a inscrición, os interesados e interesadas poden dirixirse a Miguel Fernández Cruz a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 629 967 878. Tamén poden ter máis información en Facebook